Avanzado rescate en ríos de dificil acceso

Código:

242027

Data de inscrición:

21/02/2024 - 01/03/2024

Número da edición:

1

Horas docentes:

32

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

16/04/2024 - 19/04/2024

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Teoría (Agasp) - Aula 3 /Práctica día 16: Pavillón AGASP - Prácitcas días 17-18-19: río Ulla (Carcacía)

Horario:

9.00-14.00 / 15.00-18.00

Días:

16, 17, 18 e 19 de abril de 2024

Obxectivos:

Formar profesionais para rescates en ríos de dificil acceso

Contido:

Módulo 1: Primeiros auxilios na contorna natural (6 horas)
Módulo 2: Protocolos de traballo con helicópteros de rescate (2 horas)
Módulo 3: Rescate en contornas naturais mediante instalacións de cordas (24 horas)

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.

Requisitos:

1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2) Todos os participantes deberán ter superado o curso "rescate en ríos, riadas e inundacións"
3) EQUIPAMENTO que deberá traer o alumnado: botas de trekking, traxe de baño, escarpíns de neopreno sin ningún tipo de sola, toalla
Opcional luvas de neopreno

Inscrición:

gratuita

DOG núm. 36 - 20/02/2024

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.