Servizos e instalacións

edificio principal AGASP desde vista aérea

 

A Academia, co fin de levar a cabo as súas actividades, conta cun recinto pechado cuxa superficie, de máis de 180.000 m2, alberga unha edificación principal con máis de 10.000 m2 útiles.

Estas instalacións están formadas por unha residencia con 60 habitacións, con capacidade para unhas 200 persoas (dependendo de como se distribúan), ampla variedade de aulas, laboratorios, salas para o estudo, conferencias e xuntas, un salón de actos, instalacións deportivas, un campo de tiro, zonas de descanso, unha cafetería e restaurante.

Tal variedade de infraestruturas permiten a realización de todo tipo de actividades de estudo ou formación, tales como seminarios, mesas de traballo, cursos, conferencias, etc.

Instalacións

Salón de actos
O salón de actos da Academia, con capacidade para 400 persoas, é o espazo...